Nova Tempada en Actividades Dirixidas

Nova Tempada en Actividades Dirixidas

Arrancamos a tempada 2019/20 con novos grupos, horarios e prezos.

Comezamos unha nova tempada ofertando prazas para as diferentes actividades dirixidas que, polo momento, poremos en marcha a partir das vindeiras semanas. Baixo a coordinación da Área de Saúde, o noso adestrador David López.

Pilates e Abdominais Hipopresivos son as primeiras actividades ofertadas.

Os horarios propostos das actividades serán os seguintes:

PILATES, onde as clases terán unha duración de 60′

  • Luns 11:00
  • Martes 11:30 e 20:30
  • Mércores 9:00
  • Xoves 16:30 e 20:30
  • Venres 11:30, 17:00 e 19:00

HIPOPRESIVOS, onde as clases terán unha duración de 45′

  • Luns 12:00
  • Xoves 12:00 e 17:30
  • Venres 18:00

As clases contarán con un máximo de 5 persoas. Os prezos, a partir desta tempada serán os seguintes:

  • 39€/mes – 1 día/semana
  • 59€/mes – 2 días/semana
  • 75€/mes – 3 días/semana

Todas as clases se levarán a cabo no noso Estudio de Adestramento Persoal da Rúa Alcalde Lorenzo 13, baixo, en Bertamiráns. Poderás atoparnos mediante o seguinte enlace de Google Maps: BJ Trainers & Co.





CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS