Curso de Defensa Persoal e Jiu Jitsu

Curso de Defensa Persoal e Jiu Jitsu

Chega unha novidade do máis apetecible á grella formativa de BJ Trainers & Co. Desta volta, cunha proposta para todos os usuarios BJ e usuarios externos, sobre Defensa Persoal e Jiu Jitsu. Da man de Álvaro Medina, do centro WTF MMA CLUB TEAM LOUZAN. Álvaro conta cunha ampla experiencia nos deportes de loita, no que o seu curriculum se extende por diferentes modalidades competitivas a nivel autonómico, nacional e incluso internacional.

A data é o 10 de maio, sábado, de 11:00 a 13:00 e estará aberta a todos os niveis de usuarios que queiran formarse na materia e disfrutar dunha mañá formativa do máis enriquecedora. Vaise impartir nas nosas instalacións de BJ Trainers & Co., na rúa Alcalde Lorenzo 13 baixo, Bertamiráns.

O prezo é de 15€ para usuarios e usuarias externos ao Centro, a ingresar na conta ES07 2080 0327 4330 4001 1249 (Abanca) ou ben no propio Centro para facer efectiva a reserva de praza. Para os usuarios e usuarias BJ será gratuíto, sempre baixo inscripción previa.

A inscripción é obligatoria, para todos os usuarios premendo no seguinte FORMULARIO.

Recorda que as prazas son limitadas!



CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS