Comezamos Periodo Transitorio, BJ SPORTS!

Comezamos Periodo Transitorio, BJ SPORTS!

Finalizando as temporadas na maioría dos deportes federados, e un verán máis, coa intención de dar continuidade ao adestramento dos deportistas que veñen de rematar a temporada nos seus correspondentes clubs ou especialidades, lanzamos novos grupos de BJ Sports, denominación que adquire de forma xeral o conxunto de grupos de adestramento e baixo diferentes modalidades e idades, de cara a esta nova temporada estival. A intención da mesma é ofrecer unha oportunidade de adestramento durante o periodo transitorio.

¿Qué é o periodo transitorio? É o periodo que abarca dende o final da temporada ata o comezo da preparación da seguinte pretemporada. Este periodo acostuma a durar entre 4 e 8 semanas, dependendo da categoría dos equipos.

Baixo a coordinación do noso equipo de profesionais, vanse levar a cabo sesións de adestramento tanto no Centro como «en campo» para o traballo do acondicionamento específico.

Ten como obxectivos:

  • Desconexión do estrés competitivo.
  • A disminución do risco de lesións mediante un enfoque preventivo.
  • Acondicionar ao deportista para os esforzos que posteriormente se realizarán en pretemporada.

As posibilidades de adestramento en BJ Trainers & Co. son as seguintes:

  • Adestramento INDIVIDUAL.
  • Adestramento en GRUPO REDUCIDO de ata 4 persoas.
  • Adestramento en GRUPOS de ata 8 persoas en grupos divididos e adaptados a cada idade.
    • KIDS, ata 11 anos
    • PJD, entre 12 e 17 anos
    • ÉLITE, a partir dos 18 anos

Todas as alternativas dispoñibles contan con MATRÍCULA GRATUÍTA.

 


A maiores, e soamente para usuarios de BJ Sports, está vixente unha promoción de desconto do 50% na VALORACIÓN VALD PLUS. Valoracións dispoñibles:

  • BÁSICA: valoración biomecánica básica cámara 3D
  • PLUS: valoración biomecánica completa cámara 3D (PROMO 50% DESCONTO PARA USUARIOS BJ SPORTS)
  • + INFORME: valoración biomecánica completa cámara 3D entregable

 

A actividade dará comezo a inicios de xuño e levaráse a cabo en horario de mañá e de tarde. Para máis información e reserva de praza, chama ao teléfono 625 722 043 ou no e-mail bjtrainers@gestlabsport.es



CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS