Carreira Pedestre Ames 2019

Carreira Pedestre Ames 2019

A xa tradicional proba celebrada en Bertamiráns levarase a cabo o vindeiro Domingo 20 de Outubro en horario de mañá, tendo como punto de saída e chegada a Rúa Alcalde Lorenzo e cun recorrido total de 10 km. que percorrerá diferentes rúas da vila, pasando en varias ocasión pola porta do noso Estudio de Adestramento Persoal, BJ Trainers & Co.

ÚNETE AO EQUIPO BJ TRAINERS!

Nesta edición queremos sumarnos a un evento de vital importancia para a nosa vila, onde se congregarán centos de deportistas na mañá do domingo. Por ese motivo ofrecemos o seguinte PACK DE INSCRIPCIÓN para que compitas connosco da mellor e máis saudable das posibilidades.

Nós encargámonos de todo:

  • Trámite de inscripción e recollida de dorsal
  • Camiseta running BJ Trainers & Co.
  • Recoñecemento do recorrido e preparación da proba (adestramentos mércores 12:00 e 19:30)
  • Merenda saudable post-carreira (froita, bebida isotónica, café…)
  • Servizo de gardarroupa, ducha e vestiarios
  • Sorteo dunha “entrada a club termal Hotel Balneario Compostela”

O prezo da inscripción co equipo é de 12€.

Non deixes pasar a oportunidade de disfrutar dunha mañá saudable e rodeada de deporte e bo ambiente en Bertamiráns e co equipo BJ Trainers & Co.



CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS