16 Sep Imos de Camiño con Joyas del Camino e El Camino The Way!
Dende BJ Trainers & Co. querémosvos presentar unha nova actividade outdoor que levaremos a cabo coa colaboración de @joyasdelcamino e @elcaminotheway. O Camiño de Santiago, dende Santiago a Fisterra. Unha viaxe única ata o Km 0. Unha oportunidade de voltar ó sinxelo: camiñar e compartir.
A aventura constará de 4 etapas en días alternos e durante o primeiro domingo de cada mes, consideradas de dificultade media, entre os 20 e os 35 km. Sendo a primeira delas o domingo 4 de outubro.
- Etapa 1: Santiago – Negreira 21 km (domingo 4 outubro 2020)
- Etapa 2: Negreira – Olveiroa 33 km (domingo 13 decembro 2020)
- Etapa 3: Olveiroa – Muxía 28 km (domingo 25 abril 2021)
- Etapa 4: Muxía – Fisterra 31 km
A inscripción pódese realizar no noso Centro de Adestramento Persoal, BJ Trainers & Co., e ten o seguinte prezo:
- Etapa 3: 18€
- Primeira inscrición: 30€
O prezo da primeira inscripción inclúe un KIT PEREGRINO o cal está formado por:
- Mochila
- Funda estanca para a credencial
- Credencial de peregrino
- Camiseta técnica
- Chubasqueiro básico
- Desprazamento de ida e volta en autobús ata BJ Trainers (Bertamiráns)
O comezo da aventura parte dende BJ Trainers, Bertamiráns, dende onde se sae en bus, que nos acompañará ao longo de todo o día, polo que non será preciso cargar coa mochila.
En canto á comida, a mesma non está incluída no prezo final.
A idea é disfrutar de 4 xornadas de deporte, saúde e plena inmersión na natureza, nun entorno incomparable. Por suposto, marcadas por un respeto máximo das medidas sanitarias vixentes.
ORGANIZACIÓN DA XORNADA – ETAPA 3:
7:15 H – Quedada en BJ Trainers & Co. (Bertamiráns). Café
7:40 H – Saída en bus cara Olveiroa
8:30 H – Comenzo da etapa dende Olveiroa
14:30 H – Comida (non incluída no prezo da inscripción)
16:00 H – Volta en bus ó punto de partida, Bj Trainers & Co.
PROCESO DE INSCRICIÓN:
O prezo é de 18€ para a Etapa (excepto primera inscrición: 30€)
Formas de pago:
– efectivo ou tarxeta bancaria (en BJ Trainers & Co., Rúa Alcalde Lorenzo 13, baixo, Bertamiráns)
– transferencia bancaria no IBAN ES07 2080 0327 4330 4001 1249 (Abanca) + Concepto: Camiño BJ Etapa 2 + nome e apelidos. O nome do destinatario é Gestlab Sport, S.L.
Imprescindible realizar a inscrición cubrindo o seguinte FORMULARIO
A inscripción será efectiva coa recepción do formulario + a recepción do xustificante do pago da mesma en bjtrainers@gestlabsport.es