23 May Chega BJ Sports, entrenamiento deportivo en periodo transitorio!
Finalizando as temporadas na maioría dos deportes federados, e un verán máis, coa intención de dar continuidade ao adestramento dos deportitas que veñen de rematar a temporada nos seus correspondentes clubs ou especialidades, lanzamos novos grupos de BJ Sports, nova denominación que adquire de forma xeral o conxunto de grupos de adestramento e baixo diferentes modalidade e idades, de cara a esta nova temporada estival. A intención da mesma é ofrecer unha oportunidade de adestramento durante o periodo transitorio, entre o final da presente temporada e o comezo da seguinte.
Tén como obxectivos: a prevención de lesións, a recuperación tras o esforzo do recén rematado periodo competitivo e o mantemento dun estado de forma óptimo ata o comezo da pretemporada no seu respectivo club.
ADESTRAMENTO DE FORZA COMBINADO CON TRABALLO DE ESTABILIDADE, AMPLITUDE DE MOVEMENTOS, CORE, COORDINACIÓN-AXILIDADE E ADESTRAMENTO COMPLEMENTARIO COMPENSATORIO.
As posibilidades de adestramento son diversas:
- Adestramento INDIVIDUAL
- Adestramento en DÚO
- Adestramento en GRUPO REDUCIDO de ata 4 persoas
- Adestramento en GRUPOS de ata 8 persoas en grupos divididos e adaptados a cada idade (sen matrícula)
- KIDS, ata 11 anos
- PJD, entre 12 e 17 anos
- ÉLITE, a partir dos 18 anos
Para acceder ás tarifas de Adestramento INDIVIDUAL, DÚO e GRUPO REDUCIDO é necesario abonar unha matrícula que, é variable en función do tipo de Valoración elexido:
- BÁSICA: valoración biomecánica básica cámara 3D
- PLUS: valoración biomecánica completa cámara 3D
- + INFORME: valoración biomecánica completa cámara 3D entregable
A actividade dará comezo a principios de xuño e levarase en horario de mañá e de tarde. Os clubs convenidos terán desconto nos prezos da mesma.
BJ SPORTS PREMIUM
E como novidade desta temporada chega a BJ Trainer & Co., BJ Sports Premium, un pack de servizos adicado ao deportista e que inclue unha serie de servizos que complementan de forma perfecta o adestramento e posta a punto do deportista, chegando a diferentes ramas que inflúen e resultan de gran relevancia no rendemento do xoven deportista. Inclúe os diferentes servizos:
- Matrícula gratuita
- Valoración biomecánica PLUS completa con cámara 3D
- Valoración e control antropométrico con nutricionista deportivo
- Valoración e tratamento son Servizo de Fisioterapia (2 sesións)
- 12 sesións de Adestramento Persoal
- Sesións extra grupais en campo
- Abono Gym
- Programa específico de adestramento libre
- Regalo benvida BJ Trainers & Co.
- 1 botella de auga por sesión
- Periodo de realización: entre 30 e 45 días
Para máis información e reserva de praza, chama ao teléfono 625 722 043 ou no e-mail bjtrainers@gestlabsport.es