Meigas FC e BJ Trainers & Co., xuntos este primeiro ano do club na Segunda División de Fútbol Sala

Meigas FC e BJ Trainers & Co., xuntos este primeiro ano do club na Segunda División de Fútbol Sala

Esta mesma semana viña de dar comezo unha nova temporada do equipo do Meigas FC, radicado en Bertamiráns, e que competirá esta Temporada 2023-24 na Segunda División de Fútbol Sala Feminino. A presentación do Proxecto tivo lugar este pasado luns no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, onde confluimos todas as partes implicadas no proxecto desta temporada.

As rapazas de Ames non camiñarán soas neste ambicioso proxecto polo Fútbol Sala Nacional. BJ Trainers & Co. será o novo responsable da parcela de acondicionamento físico, prevención e recuperación de lesións, formando parte, con varios dos nosos profesionais, do Corpo Técnico que encabezará un ano máis Diego Montero. A carón do mesmo atoparase tamén un dos nosos colaboradores, Pampín Nutrición, na parcela de asesoramento nutricional e control antropométrico.

Será esta unha temporada longa pero ilusionante, con 9 meses por diante de moito traballo para alcanzar os obxectivos marcados polo club nunha categoría esixente e na que trataremos de atopar o noso mellor nivel camiñando xuntos.

Como parte do convenio firmado por ambas entidades, as xogadoras e persoal do club contará tamén con unha serie de descontos nos servizos ofertados polo propio Centro.

IMOS MEIGAS!!!

 

Todas as fotografías pertencen ao Meigas FC e foro realizadas por As Fotos da Avoa



CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS