04 Sep BJ Running, novo formato para esta segunda temporada
O pasado verán anunciábamos a chegada dunha nova actividade, BJ Running, que como actividade netamente outdoor, nacía para dar cabida ás peticións dos novos runners principiantes e con fame por descubrir e optimizar o seu rendemento nunha actividade que conseguimos potenciar con novos grupos e o nacemento tamén do BJ Running Team, co que competimos en máis de 40 probas de montaña e asfalto.
Tras un ano de funcionamento, dámoslle unho volta para poder seguir saciando a fame de participación dos nosos, tratando de aportarlle unha parte de adestramento que, tras a experiencia adquirida a pasada temporada, lles permita optimizar o rendemento e poder seguir acercándose á mellora do seu nivel competitivo.
BJ Running, esta temporada 2023-24 pasará a contar coa seguinte estrutura:
- 1 ss/semana de adestramento grupal específico de forza para runners
- sesións alternas de adestramento técnico específico
- saídas alternas programadas fin de semana OUTDOOR
A data prevista de comezo da actividad é en Setembro 2023. Os grupos de adestramento serán de un máximo de 8 alumnos e o prezo é de 40€/mes para 1ss/semana e de 60€/mes para 2 ss/semana. A actividade ten matrícula gratuita.
Para a reserva da praza, no teléfono 625 722 043 ou no propio Centro de Adestramento de Rúa Alcalde Lorenzo 13, baixo, en Bertamiráns.