30 Nov BJ Social en favor de ASANOG
Un ano máis e, desta volta, da man de Joyas del Camino, Ana Riopérez Fisioterapia e Fútbol de Banquillo e chegadas estas datas tan especiais, imos organizar unha serie de actividades en prol de ASANOG (Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia).
En primeiro lugar e con afán divulgativo, imos organizar un par de actividades que poidan achegar a actividade deportiva aos pequenos pacientes oncolóxicos xunto cos seus familiares. A idea é poder achegar o deporte aos cativos e cativas, conciencialos da importancia do mesmo no seu día a día e aportarlle un pequeno tempo de escape e conexión con un ambiente deportivo en plena natureza, afastado do día a día co que conviden, tanto a eles como aos seus familiares máis achegados.
A primeira actividade, que levaremos a cabo durante o mes de Xaneiro, será unha xornada deportiva, xunto cos nosos adestradores, na que mediante xogos e actividades deportivas porán en práctica diversas capacidade deportivas de habilidade, precisión. Todo un reto cheo de esforzo, paixón, moita concentración e un montón de sorrisos. A segunda consistirá nunha saída á natureza, unha pequena aventura que consistirá nunha xornada de paseo en piragua polo Río Tambre, xunto aos nosos adestradores e usuarios que queiran disfrutar dunha actividade do máis divertida xunto aos cativos, e que levaremos a cabo coa chegada da primavera.
Por outra parte, e con fins recadatorios, sortearemos un lote de premios de Joyas del Camino e Pan da Moa, coa venta de rifas a 1€ e onde o gañador será o que posúa o boleto que conteña as 3 últimas cifras do sorteo da Lotería de Nadal do 22 de decembro de 2023. Toda a recadación irá en prol da propia asociación e en favor de unha mellora dos seus diferentes programas que podes consultar nas seguintes ligazóns (Programa Acougo, Programa Meu Ben e Programa Sumamos). As rifas estarán á venta en BJ Trainers & Co. (Rúa Alcalde Lorenzo 13, baixo, Bertamiráns) e na tenda de Joyas del Camino (Praza de Praterías 8, Santiago de Compostela).
A elección da ASANOG realizouse entre todo o equipo BJ, que entre outras moitas propostas de diferente índole, se pronunciou pola opción adicada aos máis cativos!
Xuntos Sumanos! BJ Social! Acepta o Reto!