Andaina & Plogging con BJ Sports Team

Andaina & Plogging con BJ Sports Team

Dentro da programación anual do BJ Sports Team, o vindeiro sábado 4 de maio de 2024 imos celebrar un novo encontro para os aficionados ao deporte ao aire libre. Andaina & Plogging é un evento no que, con saída en BJ Trainers e finalización no mesmo punto, realizaremos un recorrido circular de 16km que terá como punto intermedio o Pazo do Faramello, no veciño Concello de Rois, e onde haberá un pequeno punto de avituallamento para os participantes.

Trátase dunha ruta de dificultade baixa na que aproveitaremos para, mentres facemos deporte e disfrutamos da natureza, seguir crecendo como equipo, coñecéndonos e facendo equipo, coa posibilidade de sumar a cantos coñecidos queiramos á xornada. E xa que estamos, aproveitaremos para deixar a ruta aínda mellor do que estaba, máis limpa e exenta de restos que poidamos ir atopando polo mesmo. Iso é o Plogging!

 


¿QUÉ É O PLOGGING?

DEPORTE AO AIRE LIBRE + RECOLLIDA DE RESIDUOS

E levámolo a cabo con varios propósitos e tamén enmarcado dentro da nosa política de responsabilidade social, no marco da BJ Social:

  • Realizar exercicio físico
  • Retirar desperdicios
  • Reciclar
  • Concienciar co exemplo
  • Conectar coa natureza
  • Coñecer persoas e compartir tempo con persoas cos mesmo valores

A inscripción pódese realizar en presencial en BJ Trainers & Co. e o prezo é de 5€ para usuarios BJ e de 8€ para externos.

Anímate e ACEPTA O RETO!



CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS