20 May BJ Trainers & Co. na Feira do Voluntariado de Ames
A fin de semana do 28, 29 e 30 de Maio o Concello de Ames organiza a Feira do Voluntariado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
BJ Trainers & Co. e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) súmanse a esta iniciativa fomentando a práctica do exercicio físico entre a poboación a cambio de kilos de alimentos ou productos de hixiene persoal para os mais desfavorecidos, os nenos.
CANDO?
O sábado 29, o noso equipo estará de 10 a 14h e de 16 a 20h ofertando clases de 45 minutos a cada hora en punto, a todo aquel que queira colaborar con nós.
Ás 19h un grupo dos nosos alumnos adestrados realizarán un reto en función da cantidade de productos recaudados. Cantos máis kilos maior será a dificultade e a intensidade do mesmo.
CÓMO?
Soamente tés que achegarte ó noso Stand, apuntarte á clase que máis che interese e deixar a túa donación (en forma de alimentos) na zona que habilitaremos para iso. É posible anotarse con anterioridade co fin de reservar a túa praza a unha hora concreta.
QUÉN?
Haberá 3 tipos de actividades con distintas intensidades para que todo o mundo poida participar, dende os máis pequenos ata a terceira idade.
– Acondicionamento físico solidario ?
– Core solidario ??
– Alta intensidade solidaria ???
En breve publicaremos os horarios definitivos
CANTO?
Dende un kilo de alimentos ou productos infantís podes sumarte a esta solidaria idea.
➕➕PARTICIPAR PARA TRANSFORMAR ➕➕
#bjtrainers #bjteam #eusonsolidario #voluntariadoames
#concellodeames #xuntanzadeempresariosames
#XEA #ames