28 Ago BJ Senior, nova actividade para maiores de 65 anos
De cara a comezos de Setembro 2023 unha nova actividade dará comezo en BJ Trainers & Co., trátase de BJ Senior, actividade deportiva dirixida a maiores de 65 anos e que ten en mente consolidarse nos vindeiros meses desta nova temporada que recén comeza. Nace tras escoitar esa demanda dende os nosos usuarios e co fin de poder ser unha proposta atractiva para manter en forma e mellorar a calidade de vida do público obxectivo da mesma.
Beneficios e obxectivos:
- Prevenir atrofias, lesións musculares e óseas.
- Minimización do risco de contraer enfermidades cardíacas.
- Evitar pérdida e fortalecer a masa muscular.
- Reducir o risco de padecer caídas e posibles fracturas.
- Fortalecer o sistema inmune.
- Evitar a rixidez das articulacións e musculatura implicada en diferentes movementos da vida cotiá.
- Fomentar a práctica de exercicio neste grupo de idade.
A actividade vaise impartir en 2 sesións semanais de 30′, luns e xoves ás 12:30, podendo abrir novos grupos en caso de necesidade. O prezo da mesma será de 40€/mes polas 2 sesións/semana e de 60€ por 4 sesións/semana. A matrícula é gratuita. O número máximo de alumnos por clase será de 8 alumnos.
Reserva xa a túa praza no 625 722 043 ou no mesmo Centro de Adestramento da Rúa Alcalde Lorenzo 13, baixo, Bertamiráns.