04 Mar Carreira da Muller 8M, alí estaremos!
Este vindeiro venres 8 de marzo estaremos presentes na Carreira da Muller que organizamos en colaboración co Concello de Ames e na cal nos encargaremos do deseño técnico do percorrido e das probas de obstáculos que van dar forma a un divertido circuito de uns 600 metros de lonxitude. Celebraráse nos aledaños do Pazo da Peregrina, onde terán cabida todos aqueles atrevidos e atrevidas que queiran, baixo inscripción previa nesta ligazón, participar nunha xornada festiva, reivindicativa e moi divertida, da man do deporte.
A inscripción é de balde e, baixo unha proba deportiva lúdica e non competitiva, imos tratar de festexar este día tan especial, rodeado dos nosos e dun ambiente deportivo extraordinario, no que os obstáculos que se irán atopando no camiño irán vencellados ás numerosas dificultades ás que se atopa o colectivo feminino no seu día a día, tanto como persoal como laboral. Obstáculos que, entre todos, conseguiremos seguir superando baixo o lema «MOITOS CAMIÑOS, MESMA META».
Tamén enmarcado no MES DAS MULLERES, como titula o Concello de Ames ao mes de marzo, Pablo Fernández, adestrador persoal en BJ Trainers & Co. impartirá unha pequena charla sobre a práctica deportiva nas mulleres maiores, e que se levará a cabo o vindeiro mércores 20 de marzo ás 18:30 ca Casa dos Maiores de Bertamiráns.