24 May Comezamos Periodo Transitorio, BJ SPORTS!
Finalizando as temporadas na maioría dos deportes federados, e un verán máis, coa intención de dar continuidade ao adestramento dos deportistas que veñen de rematar a temporada nos seus correspondentes clubs ou especialidades, lanzamos novos grupos de BJ Sports, denominación que adquire de forma xeral o conxunto de grupos de adestramento e baixo diferentes modalidades e idades, de cara a esta nova temporada estival. A intención da mesma é ofrecer unha oportunidade de adestramento durante o periodo transitorio.
¿Qué é o periodo transitorio? É o periodo que abarca dende o final da temporada ata o comezo da preparación da seguinte pretemporada. Este periodo acostuma a durar entre 4 e 8 semanas, dependendo da categoría dos equipos.
Baixo a coordinación do noso equipo de profesionais, vanse levar a cabo sesións de adestramento tanto no Centro como «en campo» para o traballo do acondicionamento específico.
Ten como obxectivos:
- Desconexión do estrés competitivo.
- A disminución do risco de lesións mediante un enfoque preventivo.
- Acondicionar ao deportista para os esforzos que posteriormente se realizarán en pretemporada.
As posibilidades de adestramento en BJ Trainers & Co. son as seguintes:
- Adestramento INDIVIDUAL.
- Adestramento en GRUPO REDUCIDO de ata 4 persoas.
- Adestramento en GRUPOS de ata 8 persoas en grupos divididos e adaptados a cada idade.
- KIDS, ata 11 anos
- PJD, entre 12 e 17 anos
- ÉLITE, a partir dos 18 anos
Todas as alternativas dispoñibles contan con MATRÍCULA GRATUÍTA.
A maiores, e soamente para usuarios de BJ Sports, está vixente unha promoción de desconto do 50% na VALORACIÓN VALD PLUS. Valoracións dispoñibles:
- BÁSICA: valoración biomecánica básica cámara 3D
- PLUS: valoración biomecánica completa cámara 3D (PROMO 50% DESCONTO PARA USUARIOS BJ SPORTS)
- + INFORME: valoración biomecánica completa cámara 3D entregable
A actividade dará comezo a inicios de xuño e levaráse a cabo en horario de mañá e de tarde. Para máis información e reserva de praza, chama ao teléfono 625 722 043 ou no e-mail bjtrainers@gestlabsport.es