Semana de recollida de alimentos 2019

Semana de recollida de alimentos 2019

Co motivo da inminente chegada das datas de Nadal, propuxémonos, por primeiro ano e atentendo ás suxerencias dos nosos clientes, organizar unha pequena campaña de recollida de alimentos. A recollida realízase nas instalacións do Centro de Adestramento Persoal BJ Trainers, en Rúa do Alcalde Lorenzo 13, baixo, Bertamiráns, onde poderedes colaborar simplemente aportando, por pequena que sexa a cantidade, algún alimento non perecedeiro que poida axudar a que outras persoas con maiores dificultades poidan pasar unhas datas navideñas dun mellor xeito.

A actividade vaise a realizar durante toda esta semana do Luns 9 ao Venres 13 de Decembro do 2019 e irá en beneficio de Cáritas Interparroquial San Xoan de Ortoño/Bertamiráns.

Axúdanos a que este Nadal sexa un pouquiño mellor para todos!



CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS