10 Feb CROSS BJ, NOVA ACTIVIDADE NA ÁREA DE FORZA
Posted at 10:57h
in Área Forza
Coa entrada en funcionamento do novo espazo das nosas instalacións, o BOX de BJ Trainers & Co., aproveitamos para o lanzamento dunha nova actividade pertencente á Área de Forza. Trátase de CROSS BJ, unha modalidade de adestramento en grupo (5 persoas) que persigue obxectivos inmediatos, a través dun traballo funcional de mobilidade e forza e no que, priorizando a técnica, buscaremos cargas e intensidades que optimicen o teu rendemento.
A actividade levarase a cabo no novo BOX co que contamos na Rúa Alcalde Lorenzo 13-baixo, Bertamiráns, xusto ao lado do noso actual Estudio de Adestramento Persoal. Coñece máis sobre CROSS BJ visitando o enlace da páxina web seguinte…