Presentado o V Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

Presentado o V Trail e Andaina Ribeiras do Tambre

Ven de presentarse, a 5ª edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre no que, por segundo ano consecutivo, formaremos parte de dita organización, dan man do Concello de Ames e da Federación Galega de Atletismo, entre outros.

Esta edición terá lugar o vindeiro domingo 17 de marzo de 2024 tendo como punto de saída a Pontemaceira e punto de chegada no Real Aeroclub de Ames, na Ameixenda, completando deste xeito un percorrido de aproximadamente 16km. para o Trail Longo, 15km. para a Andaina e un percorrido intermedio para o Trail Curto, que partirá da Praia Fluvial de Tapia, para dende alí seguir o mesmo percorrido ata o mesmo punto de chegada, cunha distancia de 8km. Este último será puntuable para o Campionato galego de Trail Running en categoría Pre-classic.

 

O PERCORRIDO

As probas percorrerán un primeiro treito, idéntico ao do pasado ano e ligado na súa maior parte ao transcurso do Río Tambre, mesmo pola beira do río, no que é unha ruta especialmente técnica, sinuosa e con apenas altitude acumulada, que parte do mesmo arco do Pazo ubicado na parte nicrariense de Pontemaceira. Este treito fará as delicias dos asistentes pola riqueza natural da paisaxe e polo atractivo de diferentes puntos polo que vai transcorrer, así como por pequenos obtáculos naturais que porán a proba a axilidade dos participantes. É un tramo de marcado carácter individual, pola anchura dos camiños, no que haberá que chegar ben ubicado aproveitando os primeiros metros da proba, que serán clave para coller boas posicións.

Na Praia Fluvial de Tapia vaise atopar tanto a saída do Trail Curto como o punto intermedio e de avituallamento para o Trail Longo e a Andaina, Será sobre o km. 9 e é un punto de inflexión do traxecto. As llanuras comezan a olvidarse para dar paso a un pequeno tramo de asfalto de uns 500 m. onde haberá que repoñer forzas para unha segunda parte rompepernas, con subidas e baixadas continuas, camiños forestais, cruces de correntes de auga e sinuosas escaladas e descensos entre densas zonas naturais, cheas de ramas, follaxe de outono e árbores caídas, cruzas e partidas pola intensidade do inverno. Na liña do percorrido do ano pasado pero con pequenas variantes que prometen aumentar as emocións e a intensidade da proba. Os corredores vanse atopar con un par de sorpresas, en forma de dificultades ascendentes que, no peor dos casos van superar o 30% de pendente e que serán claves no devenir da proba xa que van marcar verdadeiras diferencias entre os aspirantes a amrcar os mellores tempos.

O Real Aeroclub de Ames vai ser, un ano máis, punto de chegada das 3 probas, nun punto marcado pola altura e tras unha tendida e rocosa subida cara o alto do cumio de pedra e un posterior técnico e arriscado descenso, convertirase un ano máis no punto de confluencia, sendo xa un clásico nesta proba, no que nun marco incomparable, se dará fin a un percorrido que promete diversión, intensidade e moita velocidade. Ollo con este final, xa que, con condicións climáticas que preveen choiva, van supoñer un final arriscado, con moita roca e auga, nun percorrido estreito e moi roto que esixirán excepcional pericia e pasividade nese atrevido descenso.

 

PREZOS E INSCRIPCIÓN

A data de inscripción está xa aberta e permanecerá así ata o próximo 14 de marzo de 2024. Os prezos son de 11€ para o Trail Longo e de 7€ para o Trail Curto e para a Andaina, e a mesma se poderá realizar online na seguinte ligazón de CARREIRAS GALEGAS: INSCRIPCIÓN V TRAIL E ANDAINA RIBEIRAS DO TAMBRE. A data de hoxe, e a falta de pouco menos dun mes, as incripcións son xa cercanas aos 100 participantes, na que semella que se van alcanzar os 350 participantes, o que suporía un fito na breve historia da proba.

 

BJ RUNNING TEAM

No que refire ao noso equipo, contamos coa presenza confirmada de, polo momento, máis de 20 corredores a andaríns, datos que seguro se incrementarán para, un ano máis, volcarse coa proba e podendo contar, deste xeito, con uns números que superen a numerosísima presenza do pasado ano.

Imos equipo!!!



CONOCE NUESTRO EQUIPO DE PROFESIONALES CUALIFICADOS