18 Feb VII Trail e Andaina Ribeiras do Tambre
Xa abertas as inscripcións para a 7ª edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre na que, por cuarto ano consecutivo, formaremos parte da organización, da man do Concello de Ames e da Federación Galega de Atletismo, entre outros colaboradores.
Esta edición terá lugar o vindeiro domingo 8 de marzo de 2026 tendo como lugar de saída a Pontemaceira e lugar de chegada o Real Aeroclub de Ames, na Ameixenda, completando deste xeito un percorrido de aproximadamente 17km. para o Trail Longo (+550m desnivel), 16km. para a Andaina (+525m desnivel) e un percorrido intermedio para o Trail Curto (+400m desnivel), que arrancará da Praia Fluvial de Tapia, para dende alí seguir o mesmo percorrido ata o mesmo punto de chegada, cunha distancia de 8km. Este último levará o nome de III CAMPIONADO XUNTA DE GALICIA DE TRAIL RUNNING PRE-CLASSIC.
O PERCORRIDO
As probas longas percorrerán un primeiro treito, con pequenas variacións respecto ao do pasado ano e ligado na súa maior parte ao transcurso do Río Tambre, mesmo pola beira do río, no que é unha ruta especialmente técnica, sinuosa e con apenas altitude acumulada, que parte do mesmo arco do Pazo ubicado na parte nicrariense de Pontemaceira. Este treito fará as delicias dos asistentes pola riqueza natural da paisaxe e polo atractivo de diferentes puntos polo que vai transcorrer, así como por pequenos obstáculos naturais (raíces, grandes rocas, pequenas pedras…) que porán a proba a axilidade dos participantes. É un tramo de marcado carácter individual, pola anchura dos camiños, no que haberá que chegar ben ubicado aproveitando os primeiros metros da proba, que serán clave para coller boas posicións. É un tramo especialmente rápido no que, coa dificultade dos adiantamentos, é de vital importancia acadar unha posición adecuada no primeiro kilómetro para os que aspiren a competir a clasificación final.
Na Praia Fluvial de Tapia vaise atopar tanto a saída do Trail Curto como o punto intermedio e de avituallamento para o Trail Longo e a Andaina, Será sobre o km. 9 e é un punto de inflexión do traxecto. As altas velocidades comezan a olvidarse para dar paso a un pequeno tramo de asfalto duns 500 m. onde haberá que repoñer forzas para unha segunda parte rompepernas, con subidas e baixadas continuas, camiños forestais, cruces de correntes de auga e sinuosas escaladas e descensos entre densas zonas naturais, cheas de ramas, follaxe de outono e árbores caídas, cruzadas e partidas pola intensidade do inverno. O percorrido coincide exactamente co do pasado ano. Os corredores vanse atopar con un par de sorpresas, en forma de dificultades ascendentes que, no peor dos casos van superar o 30% de pendente e que serán claves no devenir da proba xa que van marcar verdadeiras diferencias entre os aspirantes a marcar os mellores tempos. A auda da incesante choiva destes meses cirucla a raudales por todas partes.
O Real Aeroclub de Ames vai ser, un ano máis, punto de chegada das 3 probas, nun punto marcado pola altura e tras unha tendida e rocosa subida cara o alto do cumio de pedra, onde se ubicará a FAN ZONE do Cumio Monte Grande e un posterior técnico e arriscado descenso, vaise convertir un ano máis no punto de confluencia, sendo xa un clásico nesta proba, no que nun marco incomparable, se dará fin a un percorrido que promete diversión, intensidade e velocidade endiañada. Ollo con este final, xa que, con condicións climáticas que preveen choiva, van supoñer un final arriscado, con moita roca e auga, nun percorrido estreito e moi roto que esixirán excepcional pericia e pasividade nese atrevido descenso.
PREZOS E INSCRIPCIÓN
A data de inscripción está xa aberta e permanecerá así ata o próximo 3 de marzo de 2026. Os prezos son de 11€ para o Trail Longo e de 7€ para o Trail Curto e para a Andaina, e a mesma se poderá realizar online na seguinte ligazón de CARREIRAS GALEGAS: INSCRIPCIÓN VII TRAIL E ANDAINA RIBEIRAS DO TAMBRE. A data de hoxe, e a falta de pouco menos dun mes, as incripcións son xa próximas aos 200 participantes, na que semella que se van alcanzar os máis de 750 participantes, o que suporía un fito na breve historia da proba.
BJ SPORTS TEAM
No que refire ao noso equipo, aspiramos a achegarnos a cifras semellantes ás do pasado ano onde nos achegamos a preto de 20 corredores a andaríns, datos que trataremos de incrementar para, un ano máis, volcarse coa proba e podendo contar, deste xeito, con uns números que superen a numerosísima presenza total do pasado ano, onde se superaron o medio millar de asistentes entre todas as probas.
Imos equipo, corremos na casa!!!